[Trátase de imaxinar o encerro] (in Galician)
Trátase de imaxinar o encerro.
Quen non pode imaxinar o encerro
non pode escribir unha carta.
Quen non pode imaxinar o imposible
non pode entrar no sentido dos seus soños.
Pero esta carta non é a fronteira, senón a ponte.
Quere chegar, aínda que non saiba a que destino.
Quere ser recollida,
aínda que non saiba por que mans.
Ás veces o silencio é a linguaxe do corpo.
E despois vén o Estado,
que non é unha tormenta pero está feito de aire.
Vive no noso alento
e por iso atravesa os muros das prisións.
Fóra del, vexo nomes de piratas e de prófugos,
sinto o tacto da man que non me toca,
a cinza que arde nos ollos que non miran.
O silencio do Estado
converte calquera silencio noutra cousa.
Nada do que hai na terra é simple.
Ninguén fala do esforzo do sol por nacer cada día.
Ninguén coñece a dor da montaña cando rompe,
o boureo do mar cando se deita.
Non podemos saber o que lle custa á lúa dividirse
entre os dous hemisferios.
Non é un traballo doado florecer.
María do Cebreiro
“Trátase de imaxinar o encerro” fue publicado en Os inocentes [The Innocents] (Editorial Galaxia, 2014).
Se puede leer y escuchar el poema traducido al inglés aquí.